jueves, 1 de julio de 2010

COMPAÑEIRA.

E tantas veces pasaches ó meu lado
e rícheste de soslaio.
E eu rinme para tí, xa que de tanto
que tornaches en vir a verme,
se non te fixeches miña amiga,
polo menos acepteite;
e coñecíchesme e aprendiches a pasar de longo,
porque ti só te enfrentas
a aqueles que che teñen medo,
e naciches tan cobarde,
que sentiches simpatía por min,
porque cada vez que me mirabas
reflectíaste nun espello,
e chorabas de fame e amor
porque nunca poideches comer
aos teus irmáns;
e é que foi tan cedo,
era eu tan pequeniño
cando os meus escuros ollos
viron a cruda claridade da realidade,
que antes de que ti conta te deras
eu xa lle dixera “adeus” a vida;
e vivindo en soedade coa nada
fun feliz conmigo mesmo,
adourando as legañas
dos mesmos ollos
e ríndome do que discurría
e levaba dentro,
asi foi que ó tiven todo.
E cando te chame de cansado,
levarasme contigo, coas bagoas
nas tuas negras meixelas, porque ti só te ris
se poideras humillarme
e asoballarme,
e eu, miña irmanciña,
como llo tiven moi cedo,
xa non teño medo á morte
nin lle teño medo á vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario